Taky iníciase no mundo da cociña estudiando en Santiago de Compostela no Centro Superior de Hostalería e proclamándose vencedor en varios campionatos de cociña a temprana idade.
Posteriormente, completou a súa formación en España e no extranxeiro pasando polas cociñas máis laureadas do momento como Zuberoa, Bulli, Arzak, Alelarre, Casa Pardo así como en hoteis de prestixio como Hotel Savoy, Hyatt Regency, La Manga ou Marriott Harbour Beach.
Dirixiu restaurantes de corte gastronómico coma o Playa Club en A Coruña ou a Taberna del Alabardero en Washington DC. Actualmente adícase ao mundo do catering e dos eventos.
A súa é unha cociña orientada ao sabor con preferencia cara os produtos do interior de Galicia.
A destacar: Campión de España de Cociñeiros (2000)
10º posto no campionato mundial de cociña Bocuse D´or (2001)
Tres veces campión de Galicia de Cociñeiros (1996, 1998, 2000)
Medalla de Bronce no Campionato Europeo de Sabores Rexionais
Cal é a túa aposta en NOVE? Xerar un punto de encontro, compartir e aprender.
Define a túa cociña nunha frase Cociña de inspiración mundial con acento galego.