Nacido no seo dunha familia con tradición pasteleira, decidiu decantarse pola cociña. Tras cursar o grao superior de hostalería marcha ao País Vasco a traballar man a man con Subijana e Arzak , o cal proporcionoulle certa bagaxe para cociñar en prestixiosas cociñas da Suiza, Andorra, EEUU e España. Nol ano 2002 abre A Rexidora en Bentraces, establecemento que disfrutará dunha estrela Michelin do ano 2005 ata o seu peche, no ano 2012. Comeza aquí un novo periplo para Javier, está vez no Mediterráneo, primeiro en Murcia e logo en Valencia, alternando un centro de negocios, un beach club e un complexo de banquetes.

Agora de volta a Galicia, Javier atópase centrado no asesoramento tanto a proxectos de hostalería como a empresas agroalimentarias para levar a cabo proxectos innovadores e con alma.

A destacar:
Gañador do Subcampionato de España de Cociñeiros no ano 1996

Gañador do Premio Álvaro Cunqueiro de Gastronomía no ano 2005


Cal é a túa aposta en NOVE? Que a gastronomía galega sexa cultura de primeira necesidade para a sociedade galega.

Define a túa cociña nunha frase A expresión artística de cada momento da miña vida.