Restaurante NADO

Iván Domínguez

Sol Repsol

Ruela da Estacada, 9
15001 A Coruña
0034 981 979 433
info@nado.es
nado.es

Nado nace no Atlántico. É a casa de Iván Domínguez, unha prolongación da súa vida e a súa contorna, fiel ás súas raíces e ás súas vivencias; un proxecto persoal no que as texturas, sabores e cores do océano que baña Galicia son a súa razón de ser.

Nado é unha gran cociña aberta ao cliente. Un espazo creado en base a unha paleta cromática que evoca a tradicional identidade da súa contorna na fronte marítima e mariñeira da Coruña, rodeado de actividade pesqueira e de mercado.

Nado ofrece unha experiencia gastronómica harmónica entre tradición e innovación, unha viaxe pola memoria gustativa e o territorio atlántico a través dos sentidos. A semellanza das tradicionais tabernas das vilas mariñeiras, a vida e a rotación é o que define a carta de Nado, viva e en constante evolución; baseándose nos produtos de proximidade e tempada; ofrecendo pratos con personalidade e sen artificios, recoñecibles.