Dúas cousas marcaron a vida de Iñaki: o profundo amor e respeto ó mar que lle inculcou o seu pai, patrón de barco, e o apego pola cociña da súa nai, que lle ensinou unha cociña de tradición e de respeto co produto.
Tras estudar no Centro Superior de Hostalería de Galicia, comezou a súa andadura profesional, ata que no ano 2003 abre O Eirado, cos seus socios e amigos Marta e Roberto, proxecto que actualmente xestiona el só.
Ao tempo, Iñaki percorreu diferentes países como Alemaña, Polonia, Xapón, Estados Unidos, Miami, México, Ecuador…. para ensinar e promocionar a cociña e os produtos de Galicia.
A súa cociña baséase nun profundo respeto polas raíces, a tradición e o produto da terra que o viu medrar, Galicia.
Outros proxectos:
Tapería Loaria
(Praza da Leña 2, Pontevedra)
Catering “Eirado Eventos”
Restaurante Anda
(Rúa da Cruz 7, Lugo)
Eventos Pascuais
(Parroquia de Parada, Outeiro de Rei, Lugo)
Espacio de eventos Punta Moa
Cal é a túa aposta en NOVE? Que o noso traballo sirva para que a xente vexa a gastronomía galega coma un traballo serio que aposta por un produto de calidade.
Define a túa cociña nunha frase Unha cociña baseada no produto e na sinxeleza.