Héctor comezou traballando no restaurante da súa familia desde moi novo. Tras cursar os seus estudos no Centro Superior de Hostalería de Santiago, decidíu empaparse do que se estaba facendo en España e fíxoo da man de Pedro Subijana e Toño Pérez, entre outros.
Dende hai algúns anos centrouse na cociña do restaurante España, que xestiona xunto ao seu irmán Paco e onde día a día tenta rexuvenecer a cociña de Lugo.
A cociña de Héctor é unha mestura de tradición e innovación, con especial atención á carne de boi.
A destacar:
Galicia Calidade – Q de calidad
Outros proxectos:
Cría de bois en Finca Recelle
Cal é a túa aposta en NOVE? Poñer en valor Galicia desde a súa gastronomía.
Define a túa cociña nunha frase Cociña de raíces, produto e tempada.