A cociña de Beatriz ten a súa orixe naquela aldea de Ardán que a viu crecer entre hortas e animais de granxa e onde a vida se estruturaba arredor da cociña. Sempre había algo fervendo nas olas, pero ninguén na súa familia adicárase antes a cociñar profesionalmente. Terminadas as prácticas da escola, entrou a traballar en Casa Marcelo, Toñi Vicente e en diferentes restaurantes internacionais. No 2005 ponse ao frente dos fogóns do restaurante A Estación (Cambre) onde logra unha estrela Michelin e un sol Repsol.

A súa é unha cociña avanzada aínda que de inconfundible raíz galega, unha cociña baseada no máis sinxelo dos principios, o produto fresco e de calidade. Beatriz mantén sempre como premisa que a inspiración nace da materia prima que o mercado pon cada día á súa disposición, sen buscar outro camiño cara á xenialidade que o traballo ben feito e a honestidade no prato.

Actualmente está entregada profesionalmente á docencia, á xestión de eventos no seu restaurante Illas Gabeiras e aos servizos personalizados.

A destacar: Ganadora do concurso nacional ‘Cocinero del Año’ da feira Alimentaria 2008

 

Outros proxectos:Profesora no CIFP Paseo das Pontes


Cal é a túa aposta en NOVE? Dignificar a profesión, deixar unha gastronomía mellor.

Define a túa cociña nunha frase Cociña honesta respectando o produto e tendo sempre como base a tradición.