Natural de Palas de Rei (Lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolvida a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Ángel Palacios en “La Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Rincón de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa, en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d’Arán).

Finalmente, as aspiracións de Álvaro levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007.

A utilización do produto ecolóxico e de cercanía e o equilibrio entre unha gastronomía moderna e unha gastronomía tradicional, son as principais sinais de identidade da súa cociña.


Cal é a túa aposta en NOVE? Conseguir que a gastronomía galega sexa máis sostible. Unha gastronomía que deixe a menor pegada posible na contorna.

Define a túa cociña nunha frase Unha cociña tradicional actualizada sen complexos.