Alberto comezou o seu camiño na cociña da man de seu pai sendo moi xoven. Formouse na Escola de Restauración e Hostalería de Barcelona. Desenvolveu a súa carreira profesional entre Barcelona, Galicia e Inglaterra. Foi no 2015 cando abriu Landua, o seu proxecto persoal xunto con María Cambeiro, responsable da sala. Tras un breve paréntese, Landua voltou coa mesma esencia nunha segunda etapa no 2021.
A cociña de Alberto é unha cociña concisa, sincera e consciente que se apoia nos recursos da súa contorna.
A destacar: Mellor cociñeiro do Arco Atlántico 2015
Outros proxectos: Xeito! 19′ 20″
(C. de Prim, 5
28004 Madrid)
Cal é a túa aposta en NOVE? Unha oportunidade de visibilizar o valor dunha nova hostalería de pequena escala e sostible a nivel humano e ambiental.
Define a túa cociña nunha frase Concisa, sincera e consciente, que se apoia nos recursos da súa contorna.