Iván comezou o seu percorrido na Mariña Española, traballando durante 15 anos nas cociñas do buque Marqués da Ensenada, tralo cal decidiu formarse no IES Fragas do Eume. Todo isto levoulle a dirixir as cociñas de restaurantes de prestixio como Casa Marcelo* , Loxe Mareiro ou o grupo Amicalia (Alborada*, Arallo Taberna, Ánima e Alabaster). No ano 2019 abre NaDo, o seu proxecto máis persoal, na Coruña, a súa cidade natal e convérteo na súa casa.

A súa cociña é unha cociña contemporánea, atlántica, atenta ás novas técnicas pero postas a disposición da despensa que ofrece a terra e o mar en Galicia.

A destacar:Mellor cociñeiro do Arco Atlántico 2015

Outros proxectos:NaDo Madrid


Cal é a túa aposta en NOVE? Facer que Galicia, a nosa terra, os nosos produtores, os nosos sabores e olores, siga crecendo. Ir poñendo pequenos grans de area para axudar a deixar unha gastronomía mellor, máis arraigada.

Define a túa cociña nunha frase Cociña moi espontánea, directa, sana e honesta e moi salina, cun forte vinculo co mar.