Restaurante Casa solla

Pepe Solla

Estrela Michelin

Sol Repsol

Avenida Sineiro, 7
36005 San Salvador de Poio, Pontevedra
0034 986 872 884
reservas@restaurantesolla.com
restaurantesolla.com

A solidez acadada, en tan pouco tempo, por Pepe Solla na cociña só é explicable por dúas razóns: porque o leva na sangue, e porque, cada ano menos “junior”, buscou o perfeccionismo en tempos de madurez persoal. E porque resultou que ademais do interese pola progresión da cociña galega (herdada do tipismo dos seus pais) o vástago que comezou como sumiller, tiña unha man (e unha cabeza) para a comida ben combinada e ben feita… reservada unicamente para os escollidos. Como resulta que o seu compromiso coa causa está por riba da codicia comprensible, ofrece ao comensal acabados maxistrais, pero, tamén, espazos xenerosos, tanto no comedor minimalista e elegante, coma na sala de estar… confortablemente no aperitivo ou na sobremesa. A madurez xenerosa.

Profundiza na cociña de Pepe Solla a través dos menús degustación do Restaurante Casa Solla.

Bono regalo