“… E despois dunhas cantas voltas e otros tantos anos, aquí estou; dende que eramos pequenos os nosos pais nos sentaban nunha escaleira de pedra que comunica a cociña con outra zona do restaurante, dábannos a moña dunha bola de pan e agardabamos mentres eles traballaban… viámolos entrar e saír da sala, os pucheiros e as olas fumegaban, o ritmo era rápido, por veces acelerado, mentres, nós entretiñámonos comendo o miolo, ás veces quedabamos durmidos e despois, cando remataban, subíannos para a cama no colo, case nin espertabamos; outras veces acababamos todo o miolo e dábannos outro máis, aínda non chegara a hora de subir á casa, ao remate como sempre as pálpebras caíannos, e a noite remataba, como de costume, nos brazos dos nosos pais; … a historia repetíase todo o ano, pero en inverno a escaleira estaba xeada e cubríana cun mantel para que non nos arrefriaramos, mentres o lagar de carbón quentaba todo o cuarto que ocupaba a cociña…

Non é unha historia diferente que a que contan todos os que coma min, nacemos no medio dun restaurante familiar, e tras vivir esta infancia, a metadealonxáronse para sempre del e a outra metade… como se ve, eu pertenzo a esta segunda; voltamos a el como se formase parte de nós, ¿ou será que somos nós parte del?

Quen coñeza a miña carreira ao longo dos últimos catorce anos así o terá visto, eucomecei a formar parte da historia do Restaurante e el da miña, e segundo andabamos xuntos, integrabámonos máis cada vez, edesfaciámonos de banalidades, despoxándonos do que nonera necesario e imprescindible e quedando co esencial; falo tanto a nivel cociña como sala, buscabamos a claridade. Non obedece istoá tendencia do minimalismo, tan en boga, senón máis ben eu diría sinxeleza; sinxeleza que me ilusiona e ás veces me aterra, ou máis ben me asusta que non se entenda; sinxeleza e simplicidad non é o mesmo, esencialismo e como na definición da miña páxina, estilismo?, eso si é a liña a seguir; Maite, Alfredo, Marcelo, Josiño… a todos eles teño que agradecer a súa compañía nesta viaxe, aos meus pais, aos meus irmáns, a José, a Lourdes… ao fin e ao cabo tamén nos debemos ao noso contorno, a paisaxe, a despensa e o home, eles tamén comparten e forman o noso universo particular, o cal imos moldeando e á vez nos moldea a nós mesmos.”