Restaurante Miguel González
Miguel González
Estrela Michelin
Sol Repsol
Rúa A Morteira, 80
32710 O Pereiro de Aguiar, Ourense
0034 988 782 936
info@restaurantemiguelgonzalez.com
restaurantemiguelgonzalez.com
O restaurante de Miguel está ubicado nunha casa familiar con máis de medio século de historia, nunha aldea situada a escasos seis kilómetros de Ourense, A Morteira, na que só viven unhas cantas decenas de veciños.
No restaurante, con grandes vistas sobre o río Lonia , poderás degustar os seus pratos tanto no atractivo comedor, de liña rústica e coa chimenea acendida en inverno, como na súa agradable terraza, idónea para desfrutar da contorna na época estival.
O menú degustación é a súa única oferta gastronómica. Cada día é diferente, cada menú é único. O que lle ofreza o mercado ese día, será o que atoparás na mesa.