Cinco cociñeiros NOVE formaron parte do xurado do concurso de cociña que a Federación ASPACE-Galicia leva a cabo en diferentes cidades galegas.
Este ano ASPACE Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) celebrou a súa final do concurso o 9 de maio no Aparthotel Attica21 As Galeras en Oleiros (A Coruña. Os participantes con parálise cerebral de ASPACE Coruña, Amencer, APAMP e Aspace Lugo acompañados dun familiar ou profesional da súa entidade prepararon as súas receitas centrándose nunha tenreira galega.
Varios cociñeiros NOVE – Pepe Vieira, Alberto Cruz, Iñaki Bretal, Javier Rodríguez “Taky”e Juan Crujeiras – colaboraron con ASPACE formando parte do xurado tanto nas distintas semifinais como na final e axudaron a escoller como gañadores a Óscar Fernández e Eva Pérez de APAMP, coa súa receita “Oscarines” na modalidade de texturizados e a Samuel Botana, Ismael Ferreiro e Mayte Pérez de ASPACE CORUÑA, co seu prato “Bao Boom de Muuu” na modalidade tradicional.