Restaurante bido
Juan M. Crujeiras
Sol Repsol
Rúa Marcial do Adalid, 2
15005 A Coruña
0034 881 922 847
reservas@bidorestaurante.es
bidorestaurante.es
Bido é unha das palabras que existen en galego para referirse ao bidueiro, que forma parte da decoración do restaurante. Localizado no centro da Coruña, a súa filosofía é a cociña seria, cercana e baseada no produto e no sabor.
O espazo é amplo, alto, luminoso e acolledor, con dous grandes ventanais que aportan luz natural, onde os materiais máis nobres xogan un papel fundamental. Destaca a iluminación e o mobiliario de deseño, o coiro, a madeira, a mármore, os tons brancos, dourados e negros, que transmiten orde e serenidade. É un restaurante cómodo, sinxelo e funcional.
Comer en BIDO é pasear por Galicia, percorrer a súa costa, cheirar a súa terra. Peixes e mariscos de tempada, verduras de estación, carnes nobles. Sabor, olor, cor. BIDO é tradición e é presente.
Profundiza na cociña de Juan M. Crujeiras a través do menú degustación do Restaurante Bido.
Horario
- De 12.30 h a 17.00 h
- De 20.00 h a 24.00 h
Pechado a noite do domingo e luns todo o día.