Restaurante Silabario-
A Sede

Alberto González Prelcic

Estrela Michelin

Sol Repsol

Rúa Príncipe, 44
36202 Vigo, Pontevedra
0034 986 07 73 63
info@restaurantesilabario.com
silabario.gal

Silabario está localizado na rúa Principe de Vigo, na cúpula do emblemático edificio do RC Celta, onde era o antigo Círculo Mercantil.

O Silabario era un antigo caderno para aprender a escribir. Igual que un neno na escola, en Silabario parten das bases da cociña tradicional, guisos pausados, brasas de leña de carballo, repostería artesá. Adaptan os pratos aos tempos actuais, utilizando as novas técnicas da cociña moderna e empapándose co bo que ven de fóra, collendo substancia, medrando… facendo unha cociña eminentemente galega, influenciada pola contorna.

Profundiza na cociña de Alberto González Prelcic a través dos menús degustación do Restaurante Silabario-A Sede.

Bono regalo